Polo camiño ehí ven un home
aínda ven lonxe, lonxe, lonxe..
Eu non sei si anda ou si corre,
porque ven lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!.
Fai moito tempo que nos deixou
alá pra lonxe, lonxe, lonxe...
Anda na guerra, polo Señor,
ala moi lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo
quen fora páxaro,
quen fora vento!
Viñeron os mouros arrenegados
lá de moi lonxe, lonxe lonxe...
Todo levaron e nós fuxemos
alá pra lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen f ora vento!
Aqueles homes eran uns demos
lá de moi lonxe, lonxe, lonxe..
Todo levaron e nós fuxemos
Alá pra lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!
O altariño do noso Dios
que mora lonxe, lonxe, lonxe,
quedou coma noitiña sin sol
fuxindo lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!
Entre penedos i entre touzas
alá lonxe, lonxe, lonxe
Levamos o Cristo coutras cousas
alá pra lonxe, lonxe, lonxe
Quen fora galgo,
quen fora páxaro
quen fora vento!.
I os mouros arrenegados
foron detrás lonxe, lonxe,
i aqueles penedos arrodeados
(era moi lonxe, lonxe, lonxe)
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!
Probes de nós! todos berraban
ala moi lonxe, lonxe, lonxe,
válenos, Cristo! apelidaban
era moi lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!
E Cristo! apelidaban
alá moi lonxe, lonxe, lonxe.
Mira que ises por ti non chaman!
decíamos lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!
Xa dos penedos na Buratiña
alá moi lonxe, lonxe, lonxe,
víanse as caras de tal xentiña
alá lonxe, lonxe, lonxe.
Quen fora galgo
quen fora páxaro,
quen fora vento!
Cristo! Cristo! todos a unha
dixemos lonxe, lonxe, lonxe
i esmagada aquela xentiña
quedou alá lonxe lonxe lonxe.
Quen fora galgo,
quen fora páxaro,
quen fora vento!
Ben te vin vir polo camino
alá lonxe, lonxe, lonxe
o Cristo amparounos, meu queridiño
e fóronse lonxe, lonxe, lonxe.
Este poema tan enigmático es una de las manifestaciones poéticas que tenemos de aquellos llamados séculos escuros (siglos oscuros) de la literatura gallega.
Se trata de un poema popular (y anónimo), y se encontró en el monasterio de Celanova, en los márgenes de un documento de la época.